27/11/18

Saída ao Teatro


O alumnado de 2º e 3º curso, xunto coas súas titoras Angélica e Rosa, acuden hoxe ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para asistir á representación do espectáculo infantil "Contos do recreo" da compañía REDRUM TEATRO.

Continuando a temática de acoso escolar iniciada con "A meniña que quería navegar", a compañía presenta esta historia inspirada libremente en Conto de Nadal, de Charles Dickens. Nesta ocasión a protagonista é Alicia, unha moza que goza facéndolle a vida imposible as súas compañeiras, e que se verá inmersa nunha aventura que a cambiará para sempre. No recreo previo ao exame máis importante do curso chegará, coma se fose a protagonista do País das Marabillas, ata un máxico lugar onde habita Xacobe, o estrafalario bedel custodio da impoñente porta que coroa o lugar. Para poder saír de alí e chegar ao exame, Alicia terá que resolver os enigmas e superar os obstáculos que se esconden tras a porta dos recreos pasados, presentes e futuros. Aprenderá que a agresividade e a falta de empatía só conducen á infelicidade e a frustración, e que para poder quererse a si mesma e aos demais ten que desterrar esas condutas da súa vida.

No hay comentarios: