19/11/18

Traballamos os Dereitos da Infancia

O martes, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso nas aulas as nenas e nenos farán diferentes actividades para lembrar esta data. Poderán consultar os libros e traballos que están expostos no recuncho do corredor e que nos falan dos mesmos.

Durante a semana, na Hora de Ler, o alumnado de Valores de 6º curso fará un Apadriñamento Lector aos diferentes cursos de Infantil e Primaria. Lerán "O lapis máxico de Malala", con el poderán reflexionar sobre os Dereitos dos Nenos e das Nenas.
Tamén poderemos visualizar o vídeo que preparamos sobre este mesmo libro.

Tamén podemos atopar moita máis información nesta páxina da BIBLIOSOÑOS
e no BLOG DOS DEREITOS DA INFANCIA
https://sites.google.com/site/traballardereitosnenos/

No hay comentarios: