2/11/10

Libros novos de aventuras



Acaban de chegar á nosa Biblioteca libros de dúas coleccións, están na estantería   I a




29/10/10

Tamén celebramos o Samaín



Libros novos

Estos son os libros con que agasallamos á Bibliosoños no Día da Biblioteca Escolar.



28/10/10

I Concurso de Lectura en voz alta "Ler e escoitar"

A Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, publicou no Portal Educativo a convocatoria do I Concurso de Lectura en voz alta, "LER E ESCOITAR", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo de ESO. O concurso terá unha primeira fase no centro e unha fase autonómica, da que sairán os finalistas da fase última do concurso que se resolverá nun acto de lectura pública. O concurso contempla as modalidades individual e de grupo. Haberá premios para as lectores e os lectores e para os centros de procedencia.


O noso centro centro vai participar na fase autonómica nas dúas modalidades.
  • Individual: Adrián Díaz.
  • Grupo: Juan Fraga, Alba Lago, Tania López, Marlén Fernández e Catia Rodríguez.
Nos ensaios do colexio fixéronno moi ben. Moita sorte!!!

26/10/10

Mochilas viaxeiras

O vindeiro xoves, 28 de outubro, imos a celebrar o día da Biblioteca Escolar con moitas actividades que xa vos iremos contando.
Unha delas é a posta en marcha das Mochilas Viaxeiras para todos os cursos de primaria; con esta actividade queremos implicar ás familias e así proporcionar un motivo de encontro tomando como motivo o mundo dos libros e da cultura.


25/10/10

Hora de ler

Neste curso comezamos a facer a hora de ler  todos os ciclos á mesma hora, despois do recreo, de 12:00 a 12:20 horas temos cita cos libros que máis nos gusta ler



18/10/10

Tempo de outono

Neste tempo de outono xa puxemos  en marcha o rincón onde están expostos os diferentes traballos de educación documental e os froitos recollidos no horto escolar.

Tamén podedes atopar máis información na barra lateral dereita ou picando na imaxen
CELEBRACIÓN NA BIBLIOSOÑOS. Outono, Magosto, Samaín




Traballo de educación documental dos alumnos e alumnas de 5º curso sobre As árbores da fraga




7/10/10

Colección de Agatha Christie



Acaba de chegar esta colección das obras de Agatha Christie a nosa Biblioteca.
Foi unha donación de Natalia Palmeiro, nai de María Maragoto de 5º de Infantil.
Moitas grazas pola súa aportación.
Estes e moitos libros máis poden ser solicitados e levados, en réxime de préstamo, por todos os membros da comunidade educativa.

6/10/10

Para pais e nais: Como contar un conto e non morrer no intento



Contar contos é unha actividade moi gratificante, non só para o que escoita senón tamén para o que narra. Habitualmente esta práctica asóciase ás primeiras idades, e é certo que aos máis pequenos encántalles que lles conten historias, pero os maiores son tamén un bo público. Seguro que a ti tamén che gusta escoitar historias e retés na memoria algunhas que che contaron na túa infancia.


          Pica para ler a información

3/10/10

Mes das Bibliotecas Escolares

O pasado venres, 1 de outubro, comezou o 

“O desafío de atender á diversidade: Bibliotecas escolares para todos”.

No ano 2008 cambiouse o Día Internacional da Biblioteca Escolar polo Mes Internacional das Bibliotecas Escolares, o que permitirá aos responsables das mesmas  empregar o día, a semana ou mesmo todo o mes de outubro para por de relevancia a Biblioteca Escolar e a súa influencia no rendemento escolar e o desenvolvemento educativo.
A Biblioteca do noso Centro ten abertas as súas portas a toda a comunidade educativa e celebraremos o  Día da Biblioteca con actividades especiais  para todos. 

27/9/10

I Concurso de Lectura en voz alta "Ler e escoitar"


A Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, publica hoxe no Portal Educativo a convocatoria do I Concurso de Lectura en voz alta, "LER E ESCOITAR", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria.

24/9/10

Adeus á escritora Dora Vázquez

Dora Vázquez Iglesias, nada no barrio do Polvorín, na cidade de Ourense, o 21 de agosto de 1913 e finada o 23 de setembro de 2010 na mesma cidade, foi unha escritora galega. Foi irmá da tamén escritora Pura Vázquez.

Decálogo para crear bos letores

Para pais, nais e educadores


Pica na imaxe e entra  no blog"Papel en blanco"

22/9/10

Revistas moi interesantes

Aos nenos e nenas que lles gustan os animais vailles gustar esta revista on line.
Leva por título:
Pelo, Pico, Pata
                                                    
                                 
Outra revista interesante é:


15/9/10

PLAMBE

O DOG do 14 de setembro publica a Orde de resolución do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2010/2011. Intégranse 79 centros novos. En total son 374 as bibliotecas que conforman esta Rede de bibliotecas escolares de Galicia


O noso centro tamén forma parte do PLAMBE e este ano concedéronnos unha coantía de 4.300 € para fondos, equipos, mobiliario e gastos de funcionamento.

9/9/10

Ola, de novo, a tod@s!

Xa rematan as vacacións de verán e, na Bibliosoños, xa andamos a traballar para ter todo a punto e recibirvos con moitas ganas de ler e ver todas as novidades que vos temos preparadas.
A primeira, como podedes observar,  é a apariencia do blog. 
Xa nos contaredes que vos parece o resultado!

Este venres, día 10 de setembro comenzamos as clases e Rufo tamén vos espera ver ben moreniños e unha chisquiña "máis grandes".

Para que a espera nos se vos faga larga imos derxarvos con este divertido vídeo de Mafalda no seu primeiro día de cole. 
Por certo, si vos gusta Mafalda, na Bibliosoños temos as súas historias.

8/9/10

32º CONGRESO INTERNACIONAL DE IBBY

Que é IBBY?

International Board on Books for Young People (IBBY) é un colectivo sen ánimo de lucro. Está composto por asociacións e persoas de todo o mundo comprometidas coa idea de propiciar o encontro entre os libros e a infancia. IBBY fundouse en Zurich (Suíza) en 1953 e está constituído por setenta seccións nacionais. En España IBBY está representado por OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, sección española de IBBY con sede en Madrid. OEPLI está organizada en catro seccións en consoancia coa pluralidade cultural e lingüística do Estado español: o Consejo General del Libro Infantil y Juvenil (para a lingua castelá); CCLIJ Consell Català del Llibre per a Infants i Joves (para a lingua catalana), GÁLIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (para a lingua galega) e Galtzagorri Elkartea (para a lingua vasca).

27/6/10

HOMENAXE A SARAMAGO

16/6/10

Boletín informativo da Bibliosoños, 3º trimestre.

Xa se acercan as vacacións de verán, estamos cansados das actividades do duro e longo inverno e a pouca primavera.
Chega o tempo de descanso pero tempo haberá para coller uns libros, lelos, disfrutalos e viaxar coa imaxinación...
Por iso dende a Bibliosoños recomendámosvos uns libros, pero tamén poden ser outros que vos gusten, o importante é ler.


Orientacións para potenciar o hábito lector




1. Os nenos/as, se observan que os pais/avós len, eles estarán máis motivados a facelo, e se lemos con eles mellor.




2. Sempre deberemos animalos a ler e premialos por facelo (mercarlles o libro que lles gusta, collelo na Biblioteca, deixar que nos conten eles os contos...)




3. Coidar o ambiente no que len, debe ser o máis tranquilo posible, coa luz axeitada, ...




4. Asegurarnos de que o libro escollido sexa axeitado para a idade do neno/a.




5. As lecturas poden e deben ser variadas: Cómics, contos, poesía...




6. Ler antes de durmir pode ser unha boa forma de conciliar o sono, e un bo momento de compartir un tempo entre pais e fillos.

31/5/10

Libro xigante

Xa está rematado o libro xigante que elaboramos entre todos os ciclos e que traballamos durante este curso, a través do proxecto VOZ NATURA.


25/5/10

Unha boa nova

Dámos conta deste correo que nos envían dende o Teatro Pastor Díaz de Viveiro:

"A biblioteca pública municipal de Viveiro para conmemorar o "Día das letras Galegas 2010" organiza unha función de teatro no teatro Pastor Díaz de Viveiro da compañía "Migallas" teatro que terá lugar o día 27 de maio (xoves) ás once e media da mañá; dita actividade está proposta para os nenos de terceiro e cuarto de primaria dos colexios do municipio, O nome do espectáculo e ¡Canta Connosco! e a duración aproximada é de 60 minutos. É un espectáculo que combina as cancións con accións dramáticas .Os temas que se tratan son: o consumismo, o coidado das mascotas, o pracer da lectura e a importancia da imaxinación.


Aquí podemos atopar información da compañía MIGALLAS TEATRO

24/5/10

Seguimos a traballar

Estes días na Bibliosoños andamos moi atarefados pois estamos a elaborar a memoria das actividades levadas a cabo e tamén o novo proxecto do PLAMBE para o vindeiro curso.

Aquí podemos ver un resumo en imaxes:

18/5/10

Adicado ás LETRAS GALEGAS

Hoxe estamos a levar a cabo unha actividade proposta polo Departamento de Normalización Lingüística do Centro:
24 horas en GALEGO.

RUFO,  a mascota da Bibliosoños, tamén vai participar!!!

Pola tarde, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, teremos sesión de Teatro para conmemorar as LETRAS GALEGAS.
Este é o programa invitación para as familias.

Neste enlace podemos ver as fotos no Teatro Pastor Díaz


16/5/10

17 de maio
DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Nacido en Folgoso do Courel en 1930, foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. Morreu en Santiago de Compostela cando apenas entrara na ancianidade, o 30 de outubro de 1999, e foi soterrado en Lugo. A bibliografía de Novoneyra é moi complexa, e algúns dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas ou panfletos moito antes de seren recollidos en libro. Unha das obras que podemos destacar é Os Eidos, con poemas escritos entr e1952 e 1953.

Neste blog temos unha páxina adicada á súa vida e obra.   


Para conmemorar esta data  estamos a facer moitas actividades e o martes, 18 de maio, iremos ao Teatro Pastor Díaz onde os alumn@s de 5º e 6º curso representarán a obra  QUE CIRCO, MAMMA MIA!!! e tamén farán unha semblanza de Uxío Novoneyra, ademáis de outras sorpresas!


13/5/10

QUE BE
O PASAMOS
NA FESTDMAIO !!!




10/5/10

Festa do Maio

Se o tempo o permite, o xoves 13 de maio, imos celebrar a nosa particular Festa do Maio.
Vestiremos roupas, sombreiros...con moitas flores e cantarémoslle ao Maio a canción que xa sabemos tod@s...


O curso pasado pasámolo moi ben!!!

3/5/10

Educación documental.

Educación para o acceso á información (educación documental).
Un dos obxectivos básicos da Biblioteca escolar é dar a formación necesaria aos usuarios para poder utilizar todos o recursos existentes coa maior precisión e exactitude.

Os alumnos e alumnas de 6º curso xa levan feito varios traballos partindo da información facilitada a través das páxinas do blog da Bibliosoños e outros documentos da Biblioteca.

Agora acaban de entregar os seus murais e traballos sobre Mozart. Para a súa elaboración buscaron a información na páxina adicada a Mozart, primeiro traballamos na Biblioteca, nas clases de música e cidadanía e despois, individualmente nas súas casas, fixeron os murais.



Quedaron moi ben e aprenderon moito sobre a vida e obra de Mozart!!!

29/4/10

Estréase charca


O venres, 30 de abril, inauguración oficial do proxecto de Voz Natura: Estudio dun ecosistema "A nosa Charca".
Con motivo deste especial evento os alumnos de 6º curso dramatizarán a obra "Estréase charca", obra escrita, dirixida e posta en escea por Rebeca Palmeiro Chao.



28/4/10

Contos clásicos

Hoxe recomendamos estes contos de Hans Christian Andersen, os Irmáns Grimm, Perrault...están na estantería H, letra c.


27/4/10

Certame de Narración e Debuxo

Acaba de chegar ao noso Centro un comunicado da Biblioteca Municipal coa  convocatoria do Certame de Narración e Debuxo Infantil, con motivo das Letras Galegas.
Hai dúas fases: local e provincial.
As bases podedes lelas no seguinte issuu

26/4/10

Xoán Neira. CANDO O AUTOR FALA DE SI



Nacín en Lugo, na parroquia de Meilán, alí nas beiras do pai Miño pasei a miña infancia feliz.
Fun primeiro a unha escola unitaria, unha daquelas de pao e tente teso.
Alí paseino moi mal, pero aos dez anos ingresei no instituto masculino e a cousa mellorou moito, rematei os estudos de maxisterio na cidade amurallada. Era un estudante aplicado.

Despois emigrei ao Sur, a Sevilla concretamente, onde aprobei as oposicións e comecei a exercer de mestre. Estiven cinco anos e polo ano 82 cheguei a Viveiro, así que xa me considero un viveirés máis.
Cando eu era pequeno apenas había libros infantís había, iso sí, libros de texto, tochos grosos, grandes enciclopedias como a Álvarez, con moita letra pequena e poucas ilustracións. As miñas primeiras lecturas foron: A illa do tesouro de Stevenson, que o debín de ler unha ducia de veces, Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas e xa despois Os soños na gaiola de Manuel María.


As miñas lecturas necesarias chegarían máis adiante, lembro El rayo que no cesa de Miguel Hernández, proporcionado polo profesor Alonso Montero, coma un dos primeiros libros impactantes nos meus tempos xa mozos.
Escribía cousas para mín, para ter gardadas, pero non me decidía a publicar, a perder o pudor, tal vez o feito de gañar o certame Meigas e Trasgos de Sarria e o de que meu irmán, Manuel Xosé Neira, xa levaba tempo escribindo, animoume.
Fun polo tanto un escritor un pouco tardío, empecei a publicar perto dos 40 anos.
Escribo para adultos e para neno@s. Para adultos publiquei Memoria e Soño, Nas varandas do abrente, Ás catro augas e Linguaxes (en colaboración con Otero Regal) e para nen@s comecei con Recreos que musicou Manuel Rodríguez e despois viñeron Xiz de Cor, Farrapos de nube, No cubil da lúa e polo medio tamén houbo un contiño escrito a dúas mans con Vicente Míguez Coñece Celeiro, porto punteiro” .
Recibín varios premios que tamén me animaron a continuar neste mundo da literatura e … aquí sigo feliz agora neste Viveiro alegre, aquí na miña casa do Paraíso coidando o xardín, ensinando aos nen@s e escribindo versos.

Eu animovos a que escribades, é algo marabilloso, así poderedes vivir cantas vidas queirades, as que a na nosa curta existencia non nos permite. Pero para escribir hai que ler moito, ler e ler e despois romper algún papel ata que o que escribas te satisfaga.



Na BIBLIOSOÑOS temos estes fermosos libros escritos por Xoán Neira
                                    

Actividades no "día do libro"







23/4/10

UN RAP PARA O DIA DO LIBRO

Cantar, ou "rapear", é un bo xeito de celebrar o Día do Libro. Iso deberon pensar os nenos e nenas do Ceip Barrié de la Maza- Santa Comba (A Coruña) que, coa axuda de JHARECK (Iago Rey), fixeron un rap coa intención de homenaxear aos libros. Fíxate ben na letra, verás como fala de preciosos motivos para achegarnos á lectura. Libros, música e poesía, unha mestura perfecta.



22/4/10

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

El Día Internacional del Libro es una conmemoración a los libros y los derechos de autor (copyright), promulgado por la Unesco y pretende fomentar la lectura, la industria editorial y la protección de la propiedad intelectual por medio del derecho de autor.
Se celebra cada 23 de abril desde 1996 en varios países, siendo en 2008 más de un centenar.
En varios países de habla castellana, como Cuba, se celebra este día como el Día del idioma, diferente del Día Internacional de la lengua materna celebrado el 21 de febrero.
El 23 de abril de 2009 Beirut fue elegida como "Capital Mundial del Libro", permaneciendo en el cargo hasta la misma fecha de 2010 en la que será sustituida por Ljubljana.
La elección del día 23 de abril como día del libro y del derecho de autor, procede de la coincidencia del fallecimiento de los escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega en la misma fecha en el año 1616, aunque realmente no fuese en el mismo día, debido a que la fecha de Shakespeare corresponde al calendario juliano, que sería el 3 de mayo del calendario gregoriano y que Cervantes falleció el 22, siendo enterrado el 23. También coincide con la fecha de nacimiento de William Wordsworth (1850) y fallecimiento de Josep Pla (1981). La propuesta fue presentada por la Unión Internacional de Editores a la Unesco, con el objetivo de fomentar la cultura y la protección de la propiedad intelectual por medio del derecho de autor. El 15 de noviembre de 1995 la Conferencia general de UNESCO aprobó la propuesta en París, a partir de lo cual el 23 de abril sería el "Día Internacional del Libro y del Derecho de Autor".

20/4/10

Camiñamos sen descanso

Durante os días 15 e 16 de abril celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do PLAMBE ao que acudimos todos os coordinadores das bibliotecas escolares incluidos no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Os encontros teñen como finalidade avanzar na formación específica deste colectivo nos aspectos máis variados da biblioteca escolar, e constitúen unha oportunidade para a reflexión e o intercambio de experiencias.
Os nosos parabéns a Cristina Novoa e Pilar Sampedro pola impecable organización e o excelente programa, que atendía aspectos relevantes sobre lectura, bibliotecas, tratamento da información, presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital..., coa presenza de persoeiros de recoñecido prestixio neste ámbito.

7/4/10

Encontros PLAMBE 2009/2010

Os días 15 e 16 de abril celebraranse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares, 2009/2010. Están convocadas as persoas responsables das 299 bibliotecas escolares incluídas no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os encontros teñen como finalidade avanzar na formación específica deste colectivo nos aspectos máis variados da biblioteca escolar: o papel que xogan hoxe en día estas bibliotecas nos centros educativos e as posibilidades que ofrecer para educar a un alumnado que medra na sociedade da información. Son espazo de reflexión e de intercambio de experiencias; unha oportunidade para a creación de vínculos profesionais que posibilite traballos colaborativos entre as distintas bibliotecas, nunha dinámica xa creada e que está a demostrar a súa efectividade.

A lectura para a aprendizaxe, a educación de competencias básicas como o "tratamento da información e competencia dixital", a presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital, serán algúns dos contidos a tratar en maior profundidade.

6/4/10

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil



Dende 1965, o 2 de abril -aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen-, as Seccións Nacionais do IBBY (International Board on Books for young people) organizan a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil para estimular o amor pola lectura e para promover o interese polos libros para nenos.
Cinco enlaces para o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil













19/3/10

21 de marzo, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

No ano 1999 a UNESCO proclamou o 21 de marzo Día Mundial da Poesía.

Irina Bokova, actual directora xeral, redactou para este ano 2010 a mensaxe para esta celebración, da que entresacamos este parágrafo:

«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas educativos. Grazas ao acceso á poesía do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se encontre en termos xeográficos.»

  • Se queres ler toda a mensaxe segue este enlace:

Para traballar no mes de abril, tal e como propoñemos no Noso Plan Lector, podemos centrarnos en dous grandes poetas que lembramos este ano:



Uxío Novoneyra

(Letras Galegas 2010)







Miguel Hernández

(Centenario do seu nacemento)









17/3/10

Imos ter unhas sesións de contacontos

Na mañá do xoves 18 de marzo, vainos visitar MARIO TOMÁS LÓPEZ   (MARIONETTO). Por xentileza do Consorcio editorial GALEGO.

Mario Tomás é un profesional das artes escénicas dende 1990. Ten unha larga traxectoria internacional, participando en máis de trinta montaxes teatrais, contando historias e impartindo obradoiros de formación a nenos e maiores.

Despois do recreo teremos unha 1ª sesión para os nenos e nenas de Infantil e  1º ciclo.

A seguinte sesión será para o 2º e 3º ciclo.  Esperamos que vos gusten pois as historias parecen ser moi animadas.

13/3/10

Pequena homenaxe a Miguel Delibes

Na nosa Biblioteca temos este fermoso libro que recolle varios contos de Miguel Delibes (Valladolid, 1920-2010).
Para homenaxear a este gran escritor, dende a Bibliosoños, ofrecemos un pouco de información + (biografía) e animámosvos a que leades este libro de pequenos contos, con ilustracións de Jesús Gabán. 


10/3/10

Entrevista a Vicente Míguez Salgueiro

Vicente Míguez Salgueiro, nado en Celeiro é profesor no CEIP Antonio Pedrosa Latas dende fai moitos anos. Tamén é escritor (da súa obra falaremos  noutro momento) e entre  as súas aficións destacan a lectura e a música.

-Vicente, que é o Obradoiro de Prensa?
-É unha das actividades extraescolares que se levan a cabo no colexio.
-En que consiste?
-É un taller no que traballamos con xornais escritos en galego, castelán e inglés -as tres linguas que se imparten nos centros educativos-.Asemade, ocupámonos da prensa aparecida en soporte dixital a través de Internet.
-Como levades a cabo o traballo?
-Seleccionamos as noticias tendo en conta as distintas seccións dun xornal: sucesos, cultura, medioambiente, deportes, economía, sociedade, humor, tempo, A Mariña, nacional, internacional... Logo elabóranse dous paneis que se expoñen á entrada do centro para que o resto do alumnado poda lelo.
-Que obxectivos queres conquerir?
-Con esta iniciativa preténdese practicar a lectura, incidindo na súa comprensión, coñecer a través das novas máis destacadas o mundo que nos rodea, tanto do entorno local coma do nacional e internacional, e finalmente, habituarse a traballar en equipo.
-Cando se imparte este Obradoiro?
-Impártese os luns, en horario de 5 a 6 da tarde para os alumnos de 5º e 6º curso que desexen participar. Por suposto, trátase dunha actividade gratuita.

9/3/10

Semana da prensa na escola

Do 8 ao 12 de marzo todos os centros escolares temos unha cita co mundo dos xornais. Coa Semana da Prensa pretendemos familiarizar ao noso alumnado con este medio de comunicación e que pode ser un bo recurso para fomentar a lectura, introducir ou afianzar o uso de novas fontes de información, descubrir outras formas de comunicar, analizar con sentido crítico...
No noso centro, dentro das actividades extraescolares, temos un Obradoiro de Prensa que imparte o profesor Vicente Míguez. Alumnos e alumnas de 5º e 6º curso participan e fan unha exposición do traballo realizado semanalmente.

8/3/10

Centenario do poeta Miguel Hernández Gilabert

Este ano celébrase o centenario do poeta e dramaturgo Miguel Hernández, (Orihuela, 30 de octubre de 1910 – Alicante, 28 de marzo de 1942).
Para saber máis sobre a súa vida entrade neste enlace.

No blog Fundación Cultural Miguel Hernández tamén atoparemos información sobre o ano Hernandiano.

Para saber todo sobre a súa obra podemos entrar neste enlace.

Aquí podemos entrar e ler moitos dos seus poemas.


4/3/10

Día da Muller Traballadora

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional das Mulleres Traballadoras.
Dende este blog da Bibliosoños ofrecémosvos información por se tedes curiosidade por saber máis sobre este tema.

Tamén podedes ver este vídeo de
contos vellos con finais novos