28/4/10

Contos clásicos

Hoxe recomendamos estes contos de Hans Christian Andersen, os Irmáns Grimm, Perrault...están na estantería H, letra c.


27/4/10

Certame de Narración e Debuxo

Acaba de chegar ao noso Centro un comunicado da Biblioteca Municipal coa  convocatoria do Certame de Narración e Debuxo Infantil, con motivo das Letras Galegas.
Hai dúas fases: local e provincial.
As bases podedes lelas no seguinte issuu

26/4/10

Xoán Neira. CANDO O AUTOR FALA DE SI



Nacín en Lugo, na parroquia de Meilán, alí nas beiras do pai Miño pasei a miña infancia feliz.
Fun primeiro a unha escola unitaria, unha daquelas de pao e tente teso.
Alí paseino moi mal, pero aos dez anos ingresei no instituto masculino e a cousa mellorou moito, rematei os estudos de maxisterio na cidade amurallada. Era un estudante aplicado.

Despois emigrei ao Sur, a Sevilla concretamente, onde aprobei as oposicións e comecei a exercer de mestre. Estiven cinco anos e polo ano 82 cheguei a Viveiro, así que xa me considero un viveirés máis.
Cando eu era pequeno apenas había libros infantís había, iso sí, libros de texto, tochos grosos, grandes enciclopedias como a Álvarez, con moita letra pequena e poucas ilustracións. As miñas primeiras lecturas foron: A illa do tesouro de Stevenson, que o debín de ler unha ducia de veces, Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas e xa despois Os soños na gaiola de Manuel María.


As miñas lecturas necesarias chegarían máis adiante, lembro El rayo que no cesa de Miguel Hernández, proporcionado polo profesor Alonso Montero, coma un dos primeiros libros impactantes nos meus tempos xa mozos.
Escribía cousas para mín, para ter gardadas, pero non me decidía a publicar, a perder o pudor, tal vez o feito de gañar o certame Meigas e Trasgos de Sarria e o de que meu irmán, Manuel Xosé Neira, xa levaba tempo escribindo, animoume.
Fun polo tanto un escritor un pouco tardío, empecei a publicar perto dos 40 anos.
Escribo para adultos e para neno@s. Para adultos publiquei Memoria e Soño, Nas varandas do abrente, Ás catro augas e Linguaxes (en colaboración con Otero Regal) e para nen@s comecei con Recreos que musicou Manuel Rodríguez e despois viñeron Xiz de Cor, Farrapos de nube, No cubil da lúa e polo medio tamén houbo un contiño escrito a dúas mans con Vicente Míguez Coñece Celeiro, porto punteiro” .
Recibín varios premios que tamén me animaron a continuar neste mundo da literatura e … aquí sigo feliz agora neste Viveiro alegre, aquí na miña casa do Paraíso coidando o xardín, ensinando aos nen@s e escribindo versos.

Eu animovos a que escribades, é algo marabilloso, así poderedes vivir cantas vidas queirades, as que a na nosa curta existencia non nos permite. Pero para escribir hai que ler moito, ler e ler e despois romper algún papel ata que o que escribas te satisfaga.



Na BIBLIOSOÑOS temos estes fermosos libros escritos por Xoán Neira
                                    

Actividades no "día do libro"







23/4/10

UN RAP PARA O DIA DO LIBRO

Cantar, ou "rapear", é un bo xeito de celebrar o Día do Libro. Iso deberon pensar os nenos e nenas do Ceip Barrié de la Maza- Santa Comba (A Coruña) que, coa axuda de JHARECK (Iago Rey), fixeron un rap coa intención de homenaxear aos libros. Fíxate ben na letra, verás como fala de preciosos motivos para achegarnos á lectura. Libros, música e poesía, unha mestura perfecta.



22/4/10

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

El Día Internacional del Libro es una conmemoración a los libros y los derechos de autor (copyright), promulgado por la Unesco y pretende fomentar la lectura, la industria editorial y la protección de la propiedad intelectual por medio del derecho de autor.
Se celebra cada 23 de abril desde 1996 en varios países, siendo en 2008 más de un centenar.
En varios países de habla castellana, como Cuba, se celebra este día como el Día del idioma, diferente del Día Internacional de la lengua materna celebrado el 21 de febrero.
El 23 de abril de 2009 Beirut fue elegida como "Capital Mundial del Libro", permaneciendo en el cargo hasta la misma fecha de 2010 en la que será sustituida por Ljubljana.
La elección del día 23 de abril como día del libro y del derecho de autor, procede de la coincidencia del fallecimiento de los escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega en la misma fecha en el año 1616, aunque realmente no fuese en el mismo día, debido a que la fecha de Shakespeare corresponde al calendario juliano, que sería el 3 de mayo del calendario gregoriano y que Cervantes falleció el 22, siendo enterrado el 23. También coincide con la fecha de nacimiento de William Wordsworth (1850) y fallecimiento de Josep Pla (1981). La propuesta fue presentada por la Unión Internacional de Editores a la Unesco, con el objetivo de fomentar la cultura y la protección de la propiedad intelectual por medio del derecho de autor. El 15 de noviembre de 1995 la Conferencia general de UNESCO aprobó la propuesta en París, a partir de lo cual el 23 de abril sería el "Día Internacional del Libro y del Derecho de Autor".

20/4/10

Camiñamos sen descanso

Durante os días 15 e 16 de abril celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do PLAMBE ao que acudimos todos os coordinadores das bibliotecas escolares incluidos no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Os encontros teñen como finalidade avanzar na formación específica deste colectivo nos aspectos máis variados da biblioteca escolar, e constitúen unha oportunidade para a reflexión e o intercambio de experiencias.
Os nosos parabéns a Cristina Novoa e Pilar Sampedro pola impecable organización e o excelente programa, que atendía aspectos relevantes sobre lectura, bibliotecas, tratamento da información, presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital..., coa presenza de persoeiros de recoñecido prestixio neste ámbito.

7/4/10

Encontros PLAMBE 2009/2010

Os días 15 e 16 de abril celebraranse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares, 2009/2010. Están convocadas as persoas responsables das 299 bibliotecas escolares incluídas no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os encontros teñen como finalidade avanzar na formación específica deste colectivo nos aspectos máis variados da biblioteca escolar: o papel que xogan hoxe en día estas bibliotecas nos centros educativos e as posibilidades que ofrecer para educar a un alumnado que medra na sociedade da información. Son espazo de reflexión e de intercambio de experiencias; unha oportunidade para a creación de vínculos profesionais que posibilite traballos colaborativos entre as distintas bibliotecas, nunha dinámica xa creada e que está a demostrar a súa efectividade.

A lectura para a aprendizaxe, a educación de competencias básicas como o "tratamento da información e competencia dixital", a presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital, serán algúns dos contidos a tratar en maior profundidade.

6/4/10

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil



Dende 1965, o 2 de abril -aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen-, as Seccións Nacionais do IBBY (International Board on Books for young people) organizan a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil para estimular o amor pola lectura e para promover o interese polos libros para nenos.
Cinco enlaces para o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil













19/3/10

21 de marzo, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

No ano 1999 a UNESCO proclamou o 21 de marzo Día Mundial da Poesía.

Irina Bokova, actual directora xeral, redactou para este ano 2010 a mensaxe para esta celebración, da que entresacamos este parágrafo:

«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas educativos. Grazas ao acceso á poesía do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se encontre en termos xeográficos.»

  • Se queres ler toda a mensaxe segue este enlace:

Para traballar no mes de abril, tal e como propoñemos no Noso Plan Lector, podemos centrarnos en dous grandes poetas que lembramos este ano:



Uxío Novoneyra

(Letras Galegas 2010)







Miguel Hernández

(Centenario do seu nacemento)









17/3/10

Imos ter unhas sesións de contacontos

Na mañá do xoves 18 de marzo, vainos visitar MARIO TOMÁS LÓPEZ   (MARIONETTO). Por xentileza do Consorcio editorial GALEGO.

Mario Tomás é un profesional das artes escénicas dende 1990. Ten unha larga traxectoria internacional, participando en máis de trinta montaxes teatrais, contando historias e impartindo obradoiros de formación a nenos e maiores.

Despois do recreo teremos unha 1ª sesión para os nenos e nenas de Infantil e  1º ciclo.

A seguinte sesión será para o 2º e 3º ciclo.  Esperamos que vos gusten pois as historias parecen ser moi animadas.

13/3/10

Pequena homenaxe a Miguel Delibes

Na nosa Biblioteca temos este fermoso libro que recolle varios contos de Miguel Delibes (Valladolid, 1920-2010).
Para homenaxear a este gran escritor, dende a Bibliosoños, ofrecemos un pouco de información + (biografía) e animámosvos a que leades este libro de pequenos contos, con ilustracións de Jesús Gabán. 


10/3/10

Entrevista a Vicente Míguez Salgueiro

Vicente Míguez Salgueiro, nado en Celeiro é profesor no CEIP Antonio Pedrosa Latas dende fai moitos anos. Tamén é escritor (da súa obra falaremos  noutro momento) e entre  as súas aficións destacan a lectura e a música.

-Vicente, que é o Obradoiro de Prensa?
-É unha das actividades extraescolares que se levan a cabo no colexio.
-En que consiste?
-É un taller no que traballamos con xornais escritos en galego, castelán e inglés -as tres linguas que se imparten nos centros educativos-.Asemade, ocupámonos da prensa aparecida en soporte dixital a través de Internet.
-Como levades a cabo o traballo?
-Seleccionamos as noticias tendo en conta as distintas seccións dun xornal: sucesos, cultura, medioambiente, deportes, economía, sociedade, humor, tempo, A Mariña, nacional, internacional... Logo elabóranse dous paneis que se expoñen á entrada do centro para que o resto do alumnado poda lelo.
-Que obxectivos queres conquerir?
-Con esta iniciativa preténdese practicar a lectura, incidindo na súa comprensión, coñecer a través das novas máis destacadas o mundo que nos rodea, tanto do entorno local coma do nacional e internacional, e finalmente, habituarse a traballar en equipo.
-Cando se imparte este Obradoiro?
-Impártese os luns, en horario de 5 a 6 da tarde para os alumnos de 5º e 6º curso que desexen participar. Por suposto, trátase dunha actividade gratuita.

9/3/10

Semana da prensa na escola

Do 8 ao 12 de marzo todos os centros escolares temos unha cita co mundo dos xornais. Coa Semana da Prensa pretendemos familiarizar ao noso alumnado con este medio de comunicación e que pode ser un bo recurso para fomentar a lectura, introducir ou afianzar o uso de novas fontes de información, descubrir outras formas de comunicar, analizar con sentido crítico...
No noso centro, dentro das actividades extraescolares, temos un Obradoiro de Prensa que imparte o profesor Vicente Míguez. Alumnos e alumnas de 5º e 6º curso participan e fan unha exposición do traballo realizado semanalmente.

8/3/10

Centenario do poeta Miguel Hernández Gilabert

Este ano celébrase o centenario do poeta e dramaturgo Miguel Hernández, (Orihuela, 30 de octubre de 1910 – Alicante, 28 de marzo de 1942).
Para saber máis sobre a súa vida entrade neste enlace.

No blog Fundación Cultural Miguel Hernández tamén atoparemos información sobre o ano Hernandiano.

Para saber todo sobre a súa obra podemos entrar neste enlace.

Aquí podemos entrar e ler moitos dos seus poemas.


4/3/10

Día da Muller Traballadora

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional das Mulleres Traballadoras.
Dende este blog da Bibliosoños ofrecémosvos información por se tedes curiosidade por saber máis sobre este tema.

Tamén podedes ver este vídeo de
contos vellos con finais novos

28/2/10

Bicentenario de Federico Chopin

Fryderyk Franciszek Chopin (en francés Frédéric François Chopin), naceu o día 1 de marzo de 1810  e morreu o día 17 de outubro de 1849.
Foi un compositor e pianista polaco do romanticismo; está considerado coma un dos compositores para piano máis influintes, prolíficos e famosos.


Chopin naceu na aldea de Zelazowa Wola en Polonia, de nai polaca e pai francés expatriado. Despois dunha infancia de neno prodixio en Polonia marchou a París con vinte anos, onde fixo carreira como intérprete, profesor e compositor e adoptou a versión francesa do seu nome Frédéric-François.
De 1837 a 1847 tivo unha tormentosa relación coa escritora francesa George Sand (Aurore Dudevant). Morreu aos 39 anos de tuberculose pulmonar.

A nosa pequena homenaxe a este gran compositor neste enlace

22/2/10

Lembrando a Rosalía



Nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837, polo que o  mércores, 24 estará de aniversario.

 

Cantares gallegos

                                                          Follas novas



Adios, ríos; adios, fontes;
                      adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
                                                non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
                 terra donde me eu criei,
                                     hortiña que quero tanto,
                                                              figueiriñas que prantei.


8/2/10

Actividades para a festa do Entroido

Estamos a preparar a festa do Entroido. Ven a disfrutar!!!